Billarda


“III Aberto A terra non se vende”

Comezou a tempada da Liga Nacional de Billarda, e como xa vos adiantamos, a xente de Polka decidimos montar equipo e apuntarnos. Estamos encadrados na zona Norleste, xunto con outros doce equipos, e ainda que facemos o número trece a sorte estivo da nosa parte nesta primeira xornada.

O sábado 27 de setembro comezamos esta andaina no “III Aberto A terra non se vende”, organizado pola Asociación Carabullo, que tivo lugar en Ponte de Outeiro no campo da festa. A pesar de ser a primeira xornada e chegar alí un pouco perdidos sen saber moi ben o que había que facer, á media hora xa estabamos totalmente enterados do funcionamento grazas aos demáis billardeiros que en todo momento estaban dispostos a explicarnos calquer dúbida.

Ao remate das cinco carreiras acadamos un total de 20 puntos, o que nos coloca nunha meritoria sétima posición empatados a puntos cos sextos, a xente de Extensión Billarda.

O equipo gañador do III Aberto “A terra non se vende” foi “O Cadaval” que se pón á cabeza da clasificación con 34 puntos. O gañador e que se pón en cabeza na clasificación xeral foi Markitos de “Billardeiros Musicais”, o se gundo foi Pepe Vidal, do equipo “O Cadaval” e o terceiro foi Rodrigo (Hervy) de “Extensión Billarda”. Norabóa a todos eles.

Para rematar a xornada a Asociación Carabullo convidou a uns petiscos e a xente de “Billardeiros musicais” puxo a música na foliada coa axuda dalgún/ha espontáneo/a.

A vindeira xornada terá lugar o 11 de outubro en A Cadeira (Trabada), no “I Aberto da pita do monte”. A terceira xornada desenvolverase o 25 de outubro en A Pontenova no “IV Aberto do ferro”.

billarda1

billarda equipo

Podedes atopar máis información na seguinte dirección: LNB-norleste.blogspot.com

billardaNovos


1º Aberto da Pita do Monte


Despois de que o GPS nos mandase monte a través (literalmente), chegamos ao Alto da Cadeira en Trabada. Alí xogouse o pasado 11 de outobro o 1º Aberto da Pita do Monte, correspondente á segunda xornada da LNB-Norleste. Dicir que para alegría dalgúns non houbo ningunha pita de premio.

O terreo bastante irregular nalgunhas zonas fixo que os participantes tiveran que empregarse a fondo para acadar un bo resultado. Incrible e xenial poder ver a tantas xeracións compartindo unha tarde e desfrutando xogando xuntos.

No plano deportivo, dicir que os billardeiros musicais arrasaron, fixéronse cos tres primeiros postos na clasificación individual e tamén acadaron a vitoria por equipos. Dende Polka sumamos uns meritorios 22 puntos.

O 25 do pasado mes os intrépidos billardeiros saímos de cara á Pontenova coa intención de seguir coa boa xeira de resultados obtidos nas xornadas anteriores. Cunha tarde calurosa e soleada na Praza dos Fornos, cadaquén tivo que empregarse a fondo para non sucumbir ante a calor ou a presión, facendo imprescindibel achegarse ao bar mollar a palleta a cada pouco, e así manter o tipo ao longo da xornada.

Era o primeiro contacto que tiñamos xogando en pista e a verdade as cousas non foron tan ben como agardabamos e só Geles acadou o obxectivo, acadar o primeiro posto en donas e traer a navalla para a casa. Por equipos O Cadaval segue intratable e acada un primeiro posto. Os de Polka estamos nunha meritoria quinta praza.

A vindeira cita será o 15 de novembro en San Miguel de Reinante no “V Aberto das Flores”.

SORTE BILLARDEIROS!!!


“Aberto de Flores”


O pasado 15 de novembro disputouse a cuarta xornada puntuable na conferencia Norleste. Desta volta o calendario levounos á costa, concretamente a San Miguel de Reinante, onde tivo lugar o xa emblemático “Aberto de Flores”, que vai xa pola súa quinta edición.

Nin o mal tempo nin a choiva foron quen de parar as ansias dos feros palanadores, grazas a Flores, o veterano organizador, que pensou en todo e tiña preparado o pavillón para acollernos.

Lorena do equipo “Cruzados” foi a única en contar as súas carreiras por victoria, o que a converteu na gañadora da xornada, polo que tamén acadou o primeiro posto en donas.

Pola nosa parte, Sara quedou terceira en donas e o total de puntos para o equipo foi de 18; e sumando e sumando xa estamos quintos na clasificación.

O feito de xogar en pista axilizou as carreiras e deu lugar a algunha que outra sorpresa. Sen dúbida, o máis aplaudido foi a victoria de Xian, un dos cativos da competición, contra o anfitrión Flores. Polo demáis, festival de varados, nos que Markytos se levou a palma con catro, e festival de bo ambiente como sempre.

Vémonos o vindeiro domingo 14 de decembro en Ribadeo para disputar a quinta xornada.

BILLARDA SEMPRE!!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s